Crema de Castañas
-
Descrición: Crema de castañas elaborada con castañas cocidas e trituradas, azucre de cana ecolóxico, auga e vainilla ecolóxica en po.
-
Ingredientes: Castañas (57%), azucre de cana ecolóxico (32%), auga (11%) e vainilla en po ecolóxica.
-
Peso neto: 220 gr.
-
Información nutricional:
Valores medios por 100 g |
|
Valor enerxético |
884 KJ/208 Kcal |
Graxas |
< 0,5 g |
das cales: |
|
|
< 0,02 g |
Hidratos de carbono |
52,0 g |
dos cales: |
|
|
29,6 g |
Sal |
< 0,01 g |
Proteína |
< 2,0 g |
-
Usos: É ideal para facer calquera tipo de postre, desde comela ao natural sobre unha torrada, ou ben usala para o recheo de crepes e biscoitos, acompañamento de iogures ou queixo fresco ou elaboración dun flan de castañas.
-
As castañas, propiedades:
-
Son ricas en hidratos de carbono e fibra: os carbohidratos que aportan son os denominados "complexos", que o organismo absorbe lentamente, de xeito que manteñen niveis de azucres equilibrados e quitan a sensación de fame.
-
Baixo contido calórico, en torno a 190 Kcal/100 gr.
-
Ricas en vitaminas do grupo B: as vitaminas deste grupo que aportan contribúe a paliar a apatía ou melancolía propia do outono. O seu contido en B2 é beneficiosa para o coidado da pel.
-
Alto contido en minerais: entre os que destacamos o magnesio, potasio, ferro e fósforo.
-
Alto contido en auga, casi a metade do seu peso, e a súa mínima cantidade de graxa, similar á que aportan os cereais, fan que sexa un dos froitos secos de menor contido calórico.
-