
En DoSouto estamos de estrea!
Presentámosvos a nosa marmelada extra de arandos 100% natural. Sen adición de ningún tipo de conservante, espesante, colorante nin outros ingredientes. Só arandos, azucre de cana ecolóxico e zume de limón.
FICHA DO PRODUTO
- Ingredientes: arandos (77%), azucre de cana ecolóxico (23%) e zume de limón.
- Peso neto: 135 gr
- Os arandos, propiedades.
- Os arandos son moi baixos en calorías (30 Kcal/100 gr).
- Son unha boa fonte de fibra que mellora o tránsito intestinal, e de potasio, ferro e calcio. O potasio é necesario para a transmisión e xeración do impulso nervoso, para a actividade muscular normal e intervén no equilibrio da auga dentro e fora da célula.
- Ricos en vitamina C e vitamina K. A vitamina C intervén na formación de coláxeno, ósos e dentes, glóbulos roxos e favorece a absorción do ferro dos alimentos e a resistencia ás infeccións.
- Baixo contido en hidratos de carbono.
- Os arandos poseen unha alta cantidade de antioxidantes, cos flavonoides como principais antioxidantes presentes.