Teléfono: 687 25 29 65    Email: info@dosouto.com    Iniciar sesión
  • Español
  • Galego
A súa cesta da compra está baleira.

Os Nosos Produtos

 

PRODUTOS D​E CASTAÑA

Os nosos produtos de castañas son 100% naturais. Elabóranse seguindo receitas tradicionais e mediante procesos totalmente artesanais. Sen adición de ningún tipo de conservante nin colorante.

Empregamos unicamente castañas procedentes dos nosos soutos centenarios.

A nosa castaña está amparada polo Consello Regulador IXP Castaña de Galicia, o que nos permite vender os nosos produtos baixo a lenda "Produto elaborado a partir de IXP Castaña de Galicia". Para isto as nosas castañas deben cumprir uns parámetros de humidade, porcentaxe máxima de froitos tabicados, porcentaxe mínima de carbohidratos e número máximo de froitos por quilogramo.

Cada un dos nosos tarros leva unha contraetiqueta numerada que o identifica como único no mercado.

A recolección das nosas castañas faise manualmente, seleccionando unha a unha cada castaña. O resultado deste laborioso proceso é un produto de alta calidade e grande valor engadido.

 

 

MARMELADAS E​XTRA

Marmeladas 100% naturais elaboradas seguindo receitas tradicionais e mediante procesos totalmente artesanais. Sen adición de ningún tipo de conservante, espesante, colorante nin outros ingredientes. Só froita, azucre de cana ecolóxico e zume de limón.

A súa cor, aroma, textura e sabor son o reflexo do seu alto contido en froita. Empregamos soamente froita de tempada no seu óptimo punto de maduración.

 

 

Contacto

    Vilar de Aldixe 4, Paradela

    (+34) 687 25 29 65

    info@dosouto.com

AÍNDA NON SOMOS AMIGOS?