Somos unha empresa familiar situada no centro-sur da provincia de Lugo, no concello de Paradela.
Dedicámonos á elaboración tradicional de produtos de castaña e marmeladas. Para iso empregamos ingredientes na súa maioría procedentes de agricultura ecolóxica.
Todos os nosos produtos elabóranse seguindo receitas tradicionais e mediante procesos totalmente artesanais.
A NOSA MATERIA PRIMA
AS CASTAÑAS
As castañas que empregamos para a elaboración dos nosos produtos proceden de castaños centenarios ubicados nos nosos propios soutos.
As nosas castañas están amparadas polo Consello Regulador IXP Castaña de Galicia, o que imprime aos nosos produtos de castaña un alto valor engadido.
As castañas son colleitadas unha a unha de xeito manual. Unha vez colleitadas son trasladadas ao noso obradoiro onde son seleccionadas quedándonos unicamente cos calibres axeitados. Unha vez seleccionadas consérvanse nunha cámara frigorífica a 3 °C mentres dura o proceso de elaboración.
OUTRAS FROITAS
Para a elaboración das nosas marmeladas empregamos froita de tempada no seu óptimo punto de maduración que adquirimos a pequenos produtores locais. Deste xeito pretendemos contribuír á sustentabilidade da economía local.